O vindeiro 21 de decembro,no Auditorio de Ribadumia; invitámosvos a celebrar connosco a
celebración de Nadal, a partires das 11 e media deixámosvos aquí o
programa de actividades.
Kid's & Us. Agasallaranos cun fermoso contacontos en inglés.
Esperamos a vosa asistencia.
19 dic 2017
CAMPAÑA RECOLLIDA DE XOGUETES
Rematada a campaña de recollida de xoguetes, para que ningún neno ou nena quede sen xoguetes este Nadal dende o C.R.A. dámosvos as grazas pola vosa colaboración.
Recordámosvos que podedes seguir traendo tapóns, a Leiro; durante todo o curso.
Moitas grazas.
Recordámosvos que podedes seguir traendo tapóns, a Leiro; durante todo o curso.
Moitas grazas.
5 dic 2017
DÍA DO VOLUNTARIADO
Hoxe para celebrar o Día do Voluntariado, asistimos á Cidade da Cultura; alí esperábannos unhas persoaxes moi especiais para o noso alumando: OS BOLECHAS!!!
Os Bolechas presentaban a súa guía "Os Bolechas aprenden a ser persoas voluntarias".
Cada centro educativo asistente traballa en Voluntariado ou axuda aos demáis. Agasalláronnos cunha das súas guías e o carné de voluntario.
Participaron nun concurso de debuxo e temos que darlle os parabéns a LOIS (RIBADUMIA), DAVID (LOIS) e DANIEL (LOIS).
Podedes ver imaxes desta xornada:
- Na CRTVG.
- Tamén AQUÍ e neste enlace: https://es-es.facebook.com/osbolechas
Para ver as imaxes da galería, preme AQUÍ
Para ver as imaxes da galería, preme AQUÍ
ESCOLA GALEGA DE CONSUMO
O luns 4 de decembro na Sede do C.R.A. en Leiro, todo o alumnado participou nos obradoiros sobre o consumo responsable que nos proporcionou a Escola Galega de Consumo.
Dende a primeira hora estivo realizando obradoiros sobre: a pirámide de alimentos, consumo responsable e a elaboración dun xoguete.
1 dic 2017
1ª CARREIRA POPULAR SOLIDARIA
A A.N.P.A. do C.R.A. de Ribadumia organiza para o vindeiro mércores 6 de decembro unha carreira popular solidaria. Só hai que colaborar con productos de hixiene infantil.
Dende o C.R.A. animamos ás familias a que participen nesta xornada divertida para maiores e pequenos/as.
Neste cartel tendes toda a información:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)