27 sept 2017

XORNADA DEPORTIVA NO AUDITORIO DE RIBADUMIA

Hoxe comezamos a xornada lectiva na biblioteca municipal da casa da Cultura, a continuación desprazámonos ao auditorio para participar nunha xornada deportiva na compaña do alumnado de infantil e do primeiro ciclo de educación infantil.



COMEZAMOS A XORNADA



 Durante toda a mañá practicamos diferentes deportes coma o padel, judo, zumba, fútbol, xogos predeportivos....

Ademáis ás 12 do mediodía acompañados do Alcalde, concelleiros e Chelo Besada ( Diputada de deportes da Diputación de Pontevedra); inaugurouse a exposición de Pontevedra a Río 2016 que podemos visitar no Auditorio de Ribadumia.

Ao remate da xornada agasalláron o alumnado con unha medalla da I Semana do Deporte de Ribadumia.

Grazas a todos os que fixestes posibles esta actividade.

Para ver máis fotos desta xornada, premer AQUÍ

Saímos na prensa: A Voz de Galicia




Olímpicos, de Pontevedra a Rio 2016

















No hay comentarios:

Publicar un comentario