2 dic 2014

NADALARTE, ACTIVIDADES INFANTÍS PARA O NADAL NO MUSEO DE PONTEVEDRA



RESERVADE CANTO ANTES SE QUEREDES IR COS VOSOS FILLOS E FILLAS!!

Con motivo das vacacións escolares de Nadal, o Gabinete Didáctico do Museo organiza o programa Nadalarte 2014, no que se propoñen dúas actividades para nenas e nenos.
OBRADOIRO CREATIVO DE ADORNOS DE NADAL
Nesta actividade, que ten unha duración de dúas horas, ademais da parte de manipulación e creación os participantes farán unha visita guiada á exposición Historia do xoguete español e realizarán o xogo Buscando os xoguetes na pintura.
Os nenos e as nenas que desexen participar teñen que escoller entre as seguintes datas:
22, 23 e 26 de decembro de 2014: nenos/as de 5 a 8 anos.
29, 30 de decembro e 2 de xaneiro de 2015: nenos/as de 9 a 12 anos.
Sexto Edificio de 11 a 13 h.
15 participantes por quenda.
É necesaria inscrición previa, chamando ó 986 804 100 extensión 42413 ou na dirección de correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es
CONTOS INFANTÍS A PIANO
Trátase dun espectáculo que integra literatura, música e pintura, centrado no conto infantilUnha semana do pequeno elfo Cerra - Ollo de Hans Christian Andersen.
Nel o dúo de piano a catro mans Pérez & Rejas (Constantino Pérez Murás e Patricia Rejas Suárez) interpretará en directo a versión deste conto realizado polo francés Florent Schmitt ó tempo que se proxectarán as imaxes creadas pola pintora Marta Román Cid, inspiradas tanto nos contos como na música que os acompaña. A narradora Iciar Borges irá relatando cada unha das escenas que a música describe.
A duración será duns 45 minutos.
Domingo 21 de decembro
Sexto Edificio ás 18:00 h.
Entrada libre ata completar aforo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario