17 jul 2011

Festa Fin de curso

Este ano, como novidade, fixemos a festa de fin de curso no pabillón de Sisán. Preparamos unha serie de xogos e un taller de plástica dirixido polas nais dos alumnos de Sisán. Pasámolo moi ben e, despois de disfrutar dos doces que trouxeron as nais, cada aula fixo unha actuación; "Piratas", "Cantantes", "Bailarines"... houbo de todo.
Para finalizar a festa repartíronse unha serie de agasallos entre todos os nenos do CRA.
Aquí podedes ver unha recompilación das mellores fotos. Disfrutade con elas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario