31 may 2011

CONVIVENCIA 2011

Un anos máis fixemos unha xornada de convivencia no cole de Barrantes cos cativos que estudarán alí o vindeiro ano. Ao chegar xuntámonos con outros nenos e nenas de infantil e, para coñecernos máis, realizamos unha serie de xogos e cancións no pabillón do cole. Despóis algúns alumnos e alumnas de 1º de primaria leronnos contos e ensinaronnos as súas clases. Visitamos tamén a clae de música e o comedor, onde merendamos plátanos e iogures.
Tamén fixemos unha visita ao Concello de Ribadumia onde fomos recibidos pola Alcaldesa e pola Tenente de Alcalde. Ensináronnos as diferentes oficinas, o salón de plenos e o despacho da Alcaldesa.
Ao salir xogamos un rato nun parque novo que está xunto ao Concello.
Queremos dar as grazas a Alcaldesa e a súa corporación por deixarnos facer a visita, que esperamos repetir outro ano. Grazas











No hay comentarios:

Publicar un comentario