28 dic 2010

Visitamos un Belén en Ribadumia

O martes antes de dar vacacións, e gracias a colaboración co Concello e cunha familia de Ribadumia, os nenos e nenas do CRA puidemos ir visitar un Belén feito por un veciño do concello.
Tiña de todo: un río no que corría a auga, figuras que se movían, unha castañeira que asaba as castañas e botaba fume, o burriño sabanero, o castelo de Herodes, pastores, o portal… Gustounos moitísimo.
Dende aquí dar as gracias a eses veciños que nos abriron as portas da súa casa a todos os nenos e o Concello por facilitar o transporte dos nenos.
GRACIAS E ATA O ANO QUE VEN!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario