O mércores 24 de marzo celebramos os cumples de Nico (5 anos) e de Alejandra (6 anos). Como podedes ver nas fotos, cada un fixo a súa tarta para convidar a todos os compañeiros e compañeiras. O mes pasado a tarta acabouse e quedamos con ganas de repetir, así que este mes...2 tartas!! E non o ides crer pero...non quedou nadiña!! En abril temos tres cumples e algún xa preguntou se imos facer 3 tartas. Isto de estar en plena fase de crecemento é o que ten!
Desexámovos un feliz cumple a Nico e a Alejandra e a todos unhas felices vacacións de Semana Santa. Ata a volta!!!
29 mar 2010
FESTA DOS CUMPLES DE MARZO EN RIBADUMIA 4-5
10 mar 2010
NA ESCOLA DE RIBADUMIA CELEBRAMOS OS CUMPREANOS DE XANEIRO E FEBREIRO
O venres 26 de febreiro fixemos dous riquísimas tartas de chocolate para celebrar que Roi, Noa e Marina cumpriron 4, 5 e 6 anos respectivamente.
Entre todos fixemos as tartas que decoramos con virutiñas de cores e montóns de lacasitos... aínda que para a próxima teremos que facelas máis grandes porque non quedou proba.
Felicidades ós 3 pequenos!!
3 mar 2010
O SALON DO LIBRO AMPLÍA AS ACTIVIDADES DE "TARDES NA SALA" ATA O 12 DE MARZO.
- Mércores, 3 de marzo as 18:00, Contacontos Carballo con Botas, de Papaventos
COÑECEMOS PONTEVEDRA
Como a visita ao salón non a tiñamos sinalada ata as 11:45, decidimos sair cedo das escolas e aproveitar para coñecer a cidade do Lerez.
Comenzamos polo edificio de correos, onde selamos e enviamos cartas para as familias que preparamos nas aulas.
Vimos a fonte dos nenos, a Igrexa da Peregrina, a estatua do Loro Ravachol, percorrimos un anaquiño do camiño de Santiago que cruza a cidade, vimos a estatua de Valle Inclán, o Mercado de Abastos, cruzamos o río Lerez e observamos as pontes dos Tirantes e do Burgo… ao chegar ao auditorio estabamos tan cansos que paramos a merendar para repoñer forzas.
VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO
ESTIVEMOS DE ENTROIDO
Cos habitantes do castelo como tema central, o pasado 12 de febreiro celebramos a festa do entroido na sede do CRA.
Cabaleiros, arqueiros, bufons, reis e raiñas invadiron as nosas aulas. Personaxes que, o autor e ilustrador de literatura infantil, Anxo Fariña non dubidou en transformar en seres fantásticos coa axuda dos seus rotuladores e da nosa imaxinación.
Orellas, filloas e outros doces propios destas datas elaborados polas familias, puxeron a nota gastronómica a nosa festa, que rematou coa actuación das comparsas de cada escola.