29 jun 2023

Proxecto Documental Integrado - PREHISTORIA

Aquí vos amosamos a memoria final do noso proxecto anual: a PREHISTORIA.
Agardamos que vos guste.


27 jun 2023

INICIO de CURSO 2023/2024

 As clases do PRÓXIMO CURSO comezarán o luns, 11 de setembro.

Prema na escola na que esteas matriculado para poder ver os HORARIOS do inicio do PERÍODO ESCOLAR e o/s libro/s solicitado/s:

19 jun 2023

MATRÍCULA ABERTA curso 2023-2024

ABERTO o prazo de formalización de MATRÍCULA para o vindeiro curso 2023/2024: 

20 ao 30 de xuño

Que DOCUMENTACIÓN precisamos?
- Documento de Formalización de Matrícula de Educación Infantil e Primaria, que nos darán na escola ou  podemos descargar pulsando AQUÍ.
- Fotocopia da cartilla da Seguridade Social.
- Fotocopia da cartilla de vacinacións.
- Certificado médico do nen@.
- 4 fotografías tamaño carné do nen@.
- SO se fose preciso, o documento da custodia legal, sentencia e convenio regulador.
SO se fose preciso, fotocopia do certificado de minusvalía.

ONDE temos que ENTREGAR todo isto?
- Na Escola de Leiro, que é a sede do CRA de Ribadumia.

HORARIO?
- 9:00 a 13:30h.

Para calquera dúbida: 666 410195 (luns a vernes 9-14h)                              cra.ribadumia@edu.xunta.gal


23 may 2023

Axudas LIBROS de TEXTO e MATERIAL escolar 2023/2024

Aberto o prazo para solicitar AXUDAS para adquirir LIBROS de TEXTO  e MATERIAL ESCOLARdestinados ao alumnos matriculados en PRIMARIA, ESO e Educación ESPECIAL no curso 2023/2024.

Prazoata o 21 de xuño (incluído)

Pulsa AQUÍ para máis información.


22 may 2023

PREMIO a PROL do GALEGO

O pasado mércores, 17 de maio, o CRA de Ribadumia (e nosa ANPA) e o CPI Julia Becerra Malvar (e a súa ANPA) fomos premiados na GALA RIBADUMIENSES a prol do GALEGO, polo FOMENTO do uso do GALEGO nas actividades que realizamos e promovemos xunto coa nosa Comunidade Educativa.

MOITAS GRAZAS ao Concello polo recoñecemento!


22 abr 2023

VOTEMOS! Concurso CANTAMOS CON LAS MANOS!

 Xa saíron os vídeos participantes no VI Concurso "Cantamos con las Manos" da FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia).

Para votar polo noso vídeo, podedes facelo pinchando AQUÍ, buscando CRA de Ribadumia (está por orde alfabético).

As votacións finalizan o xoves 27 de abril ás 12:00 h del mediodía.

So podemos votar unha vez por correo electrónico.

Moita sorte a todos!

2 mar 2023

DÍA da ILUSTRACIÓN: Gañadores do concurso

Noraboa a todos os participantes, que bonitas ilustracións!

Aquí mostramos aos GAÑADORES. Moitísimos PARABÉNS!